Dúas persoas perden a vida e outras dúas resultan feridas tras caer un coche ao mar en Muros

28 Agosto 2021

Dúas persoas faleceron, esta madrugada, e outras dúas tiveron que ser trasladadas despois de que o coche no que se atopaban se precipitara ao mar, en Muros.

O 112 Galicia recibiu a alerta, ás 04:45 horas, dun particular que informaba da caída do vehículo á auga, nas proximidades da lonxa do porto. Ademais, afirmaba que no interior había catro ocupantes pero que dous deles xa estaban fóra do turismo.

Nese mesmo momento, desde o CIAE-112 informouse aos servizos médicos, aos Bombeiros de Cee, ao GES da localidade e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Xunto a estes, tamén se lle facilitaron os datos a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Minutos despois, xa no lugar dos feitos, os membros do GES de Muros confirmáronlle ao 112 que, coa colaboración de persoas particulares do lugar, lograron sacar aos dous ocupantes que permanecían dentro do coche afundido. Pese a ser atendidos polo persoal sanitario no punto, nada se puido facer por salvarlles a vida.

Os outros dous ocupantes, que lograron saír por si mesmos do turismo, foron trasladados polo 061 ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O vehículo recuperado polos mergulladores. Fotos: Xosé Sendón quepasanacosta.gal

Outros artigos

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.