Segundo fixo saber o Goberno local, a Deputación da Coruña habilitará unha senda peonil de dous quilómetros de lonxitude nunha das marxes da devandita vía, un treito de alta concentración de servizos e equipamentos (por exemplo o Campo de Chenlo, o Concello ou o Colexio Eusebio Lorenzo Baleirón). Por este motivo, sinalou o Concello, resulta vital favorecer neste tramo a mobilidade e a seguridade os peóns.
O Concello estase encargado da redacción do proxecto logo de terse reunido coa entidade provincial para facerlle ver a necesidade de contar cunha senda na dita contorna. A senda comunicaría a pé os núcleos de Manselle, A Igrexa, Tarrío, Eiró e Tallós.



