Inaugurada en Rianxo a primeira ruta interactiva e sinalizada do programa Apego de dinamización do galego

11 Agosto 2021

Finalmente inaugurouse en Rianxo a iniciativa de lecer tecnolóxico e reivindicación do noso (o galego, os ecosistemas únicos dos nosos bosques) que avanzamos os días pasados: a primeira ruta interactiva do programa de dinamización lingüística e intermunicipal Apego. Segundo confirmou a pé de ruta o alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, trátase dun itinerario infantil polo río Te que dispón de contidos educativos que se poderán consultar empregando un dispositivo móbil. Tamén contará cun espazo dedicado á promoción do turismo e do lecer familiar neste concello.

Esta ruta, ideada pola Asociación Avoar en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello rianxeiro, procura crear “un espazo de lecer nun contorno natural para o desfrute das crianzas e as súas familias”.

O itinerario inclúe 10 puntos informativos onde, a través dunha serie de códigos QR, as e os camiñantes accederán a contidos educativos sobre os recursos naturais e patrimoniais de Rianxo: fragas, bosques de ribeira, muíños, etc. Estes datos achegados acompáñanse dunha serie de audios que conteñen cancións, lendas, contos e xogos. Búscase que “as familias realicen unha ruta activa de sendeirismo coas crianzas á vez que aprenden, practican a lingua galega e se divirten”, confirmou o Concello.

Traballo colaborativo

Os contidos da ruta poden consultarse previamente na páxina web que elaborou o departamento municipal de Dinamización Lingüística. Esta recolle a información necesaria para facer a ruta con garantías: como chegar, onde aparcar, recomendacións xerais…, así como os contidos aos que se accede a través dos códigos QR dispostos nos diferentes puntos sinalizados da ruta. Ademais, a páxina web conta cun videoxogo da Ruta do Apego de Rianxo, onde o polbo Po, mascota do programa, percorre o río Te e atópase na súa andaina con moitos amigos curiosos. Na elaboración dos contidos, a Asociación Avoar contou coa colaboración musical de José Luis do Pico Orjais, coa voz de Xesús Santos e co testemuño de Manuel Deira, último habitante do muíño de Francuín.

Na elaboración da Ruta do Apego implicáronse directamente as concellerías de Educación e Normalización e a de Benestar, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo. Adelina Ces e Hadriana Ordóñez, responsábeis destas áreas, destacaron “a transversalidade do proxecto”, xa que “combina educación, coidados, ecoloxía, promoción económica e turismo”.

Reivindicando o turismo familiar

A Ruta do Apego de Rianxo procura, ademais, animar o turismo familiar no municipio, de aí que unha das seccións da web recolla todas aquelas actividades que se poden realizar con crianzas en Rianxo. Coa colaboración do Servizo de Turismo seleccionáronse lugares para visitar, para ficar a durmir, para comer, para comprar xoguetes, libros, etc. A intención, explican o Concello e Avoar, é que todos os elementos permitan gozar ao máximo “dunha experiencia agradábel coas crianzas neste territorio do Barbanza”. De feito, a actividade vincúlase ao Programa de dinamización lingüística no tecido socioeconómico En Rianxo, ao noso xeito, no que participan máis de 50 empresas locais.

Programa Apego

O Programa Apego de Rianxo desenvólvese desde a Concellería de Benestar, Igualdade e Diversidade do Concello en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, que nesta temporada pandémica viuse obrigado a cancelar as actividades do Espazo Familiar, onde o encontro e a interacción entre crianzas e persoas coidadoras era o eixe vertebrador de toda a súa acción dinamizadora. Co fin de seguir ofrecendo experiencias interesantes e, sobre todo, seguras desde o punto de vista da saúde, creouse esta Ruta do Apego de Rianxo sinalizada e interactiva. Logo de meses en que o espazo familiar reduciuse ás propias casas, a creación de espazos abertos e naturais de convivencia familiar considerouse “unha prioridade” por parte do Proxecto Apego rianxeiro.

O Bosque do Apego de Rianxo

Segundo se fixo saber na inauguración, unha das actividades complementarias á ruta é a creación do Bosque do Apego de Rianxo. Nas marxes do río Te, a carón do percorrido do sendeiro, xa se atopan algunhas parcelas repoboadas con frondosas grazas á implicación da comunidade escolar de Rianxo. Esta iniciativa implicará que cada unha das crianzas que se inscriban en Apego dean nome á unha árbore neste espazo. Con isto, “preténdese trasladar a idea de que o futuro das nosas fillas estará ligado á conservación axeitada dos nosos espazos naturais”, informaron dende o Concello e Avoar.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.