Ribeira ofrece un novo curso de lingua galega preparatorio para a obtención do CELGA

28 Setembro 2026

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un novo curso de lingua galega dirixido ás persoas, maiores de 16 anos, que se vaian presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia.

Este curso é gratuíto e desenvolverase en horario de tarde para dar maiores facilidades de asistencia ás persoas interesadas. Comezará no 6 de outubro e impartirase tódolos martes e xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.

A concelleira de Promoción da Lingua, Nucha Brión, precisa que “continuamos así achegando formación arredor da nosa lingua, desta vez, para a obtención do CELGA. En vindeiras datas a anunciaremos novas accións focalizadas na promoción do galego”.

O prazo de inscrición xa está aberto e formalizarase a través do enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.