Rianxo despide ao seu deportista paralímpico Adrián Mosquera

10 Agosto 2021

Este 10 de agosto ás 18:30 horas celebrouse no Consistorio de Rianxo o acto de despedida do deportista paralímpico local Adrián Mosquera Rial. No acto de homenaxe e recoñecemento estiveron presentes o propio Adrián, o alcalde Adolfo Muíños, o concelleiro de Deportes Xusto Ordóñez e demais membros da corporación municipal.

Ademais do recoñecemento e o desexo duns futuros éxitos deportivos, o acto serviu para a sinatura dun contrato de patrocinio, entre o Concello e Adrián Mosquera, no que se vincula a imaxe e os valores que representa o deportista coa imaxe de Rianxo ante o mundo. Será, segundo informou o alcalde, “un compromiso cun ano de duración” e que “implica unhas obrigas por parte de Adrián como contrapartida ao apoio económico por parte do Concello”. Cometidos como ser a imaxe de Rianxo nos Xogos de Toquio, impartir charlas nos colexios e nos clubs da localidade e proxectar, “coa súa traxectoria deportiva e vital, uns valores desexábeis para toda persoa”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.