O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle a exposición Estirpe de Poseidón II de Carlos Pereira

07 Agosto 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas acolle unha nova exposición pictórica titulada “Estirpe de Poseidón II”, de Carlos Pereira Martínez.
En “Estirpe de Poseidón II”, cuxa primeira entrega, acompañada con algunhas obras da súa filla Cloe, foi en 2019, continúa o artista mergullándose nun mundo submariño entre o real e o surreal, cun bestiario de fillos e fillas do deus dos mares que vai dende as orixes da vida a animais fantásticas, floras imposibles… custodiadas, protexidas por formas poligonais mais, sobre todo circulares, como mandalas oceánicas.
A mostra estará aberta ata o vindeiro 4 de setembro. Poderá ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.
Carlos Pereira Martínez (Montevideo,1959) é licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e historiador do Concello de Culleredo. Reside na Coruña. É membro de diversas entidades culturais e científicas. Ten publicado máis dunha ducia de libros e numerosos textos de diversas temáticos. Fixo parte do colectivo poético “Os Habitantes do Lago”, asistiu un tempo ao Conservatorio da Coruña e foi un dos fundadores do grupo teatral “Maiolongo” de Culleredo. En 2001 obtivo o primeiro premio do Certanme Literaria do Concello de Vilalba co poemario Río Alzheimer e, con Ana Romero Masiá, o Luis Tilve de Investigación e Divulgación Histórica por Xaime Quintanilla Martínez.
No ámbito artístico, ilustrou números de revistas como “Ó Loro”, “Os Habitantes do Lago” ou “Galería”. Deseñou carteis, revistas e folletos, foi integrante do grupo de gravadores “Suevia” e do grupo “Crise”, presidiu a Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), participou en encontros en Mariñán, Brión. Culleredo, Póboa de de Trives ou Maceda e realizou cursos de gravado cos artistas Isabel Pintado e Alfonso Costa.

Ademais de colectivas en diversos concellos de Galicia e Portugal, as súas últimas exposición individuais foron na sala Francisco Creo do Liceo de Noia (2010, 2013) e na Sala Aurelio Aguirre do Club do Mar de San Amaro (2011, 2015, 2019).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.