69 anos despois a voz de Otero Pedrayo volverá a escoitarse en Compostela

25 Xullo 2021

Unha conferencia sobre Xelmírez rescatada nunha bobina de aceiro. O luns 26 de xullo, poderase volver escoitar a voz de Otero Pedrayo no Pazo de Xelmírez e na praza do Obradoiro, onde se instalarán uns altofalantes, grazas ao achádego dunha gravación inédita do discurso que o intelectual galego pronunciou en 1952 sobre a figura do arcebispo Xelmírez

A derradeira lección de Otero Pedrayo EDITORIAL GALAXIA

Este luns 26 de xullo de 2021 ás 21h na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela a voz do escritor e patriarca das letras galegas, D. Ramón Otero Pedrayo, volverase a escoitar nunha audición aberta.
Todos os que se acheguen á praza poderán volver escoitar unha brillante conferencia sobre Xelmírez, o primeiro arcebispo de Compostela. Otero, considerado un dos grandes oradores do século XX en Galicia, pronunciou a conferencia no refectorio do Pazo bispal o 15 de xullo de 1952.
A conferencia, nun vibrante castelán no que Otero introduce palabras en galego como un dos rasgos estilísticos propios, ten toda a intensidade épica e o poder evocador dos mellores textos de Pedrayo. Achegándose a Xelmírez D. Ramón consegue trasladar ao seu auditorio ao século XII e revive un dos momentos máis épicos da historia compostelana. A través das elocuentes palabras de Pedrayo veremos converter a cidade no que hoxe é, unha das tres cidades santas da cristiandade, xunto con Roma e Xerusalem.
A voz portentosa de Ramón Otero Pedrayo permítenos ser testemuñas de todas as intrigas, revoltas e guerras que o primeiro arcebispo de Santiago de Compostela tivo que protagonizar ata conseguir a consagración do Palio para Compostela e a concesión da dignidade metropolitana.
Unha aventura poucas veces contada e nunca narrada coa paixón coa que o fai nesta gravación Otero Pedrayo.
A gravación permaneceu oculta e esquecida no arquivo familiar do oftalmólogo Dr. Antón Beiras nunha bobina de fío de aceiro. Desa bobina conseguiuse rescatar o son orixinal e a voz de Otero Pedrayo cobrará de novo vida nas pedras do Obradoiro tras someterse a un proceso de dixitalización, edición e masterización.
Para introducir e despedir a conferencia de Otero Pedrayo gravouse ex profeso coa coñecida voz do actor Miguel Pernas unha breve introdución e despedida que contextualiza a conferencia para todos os que descoñezan a historia de cómo chegou a nós o son orixinal desta peza. Ao tempo que se reproduce o son na praza do Obradoiro, 25 testemuñas de excepción farano tamén dentro do Pazo de Xelmírez no mesmo sitio onde se pronunciou no seu día o discurso, o coñecido como Refectorio do Pazo de Xelmírez, unha das poucas estancias de románico civil que se conservan na actualidade.

Fragmento da conferencia de Otero Pedrayo no refectorio do Pazo bispal o 15 de xullo de 1952

Ficha Conferencia Xelmírez
Título: Xelmírez, un podcast de 1952.
Duración: 40min
Orador: Ramón Otero Pedrayo
Data do discurso: 15 de xullo de 1952
Lugar do discurso: Refectorio do Pazo de Xelmírez (Catedral de Santiago de Compostela). Idioma: Castellano
Contexto: inauguración de curso de arte medieval. Universidade de Santiago de Compostela.
Contido/Temas: a vida de Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago, as súas relacións cos
monarcas do seu tempo e co papado, a consecución da dignidade metropoliltana para
Compostela, o pío latrocinio de reliquias en Braga, as revoltas populares en Compostela na época
de Xelmírez…
Soporte de arquivo sonoro: Bobina de fío de aceiro.
Fonte de Gravación: Antón Beiras
Custodia: Arquivo familiar Beiras Cal.
Tranferencia e dixitalización: Audio Restauración.
Estudio de son, edición e masterización: Área 5.1
Locución de texto introdutorio e de peche: Miguel Pernas.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.