En Ribeira o Concello reprogramará a axenda de actividades ante a suba de contaxios

19 Xullo 2021

O Concello de Ribeira compartiu este luns 19 un comunicado no que se fai saber que “en vista do progresivo incremento de contaxios que está a padecer o noso municipio” vanse reprogramar as actividades lúdicas para as próximas semanas. Porase o foco nas datas nas que tradicionalmente cadran as súas festas de verán na primeira semana de agosto.

Neste senso, engade o Goberno de Ribeira, “de non producirse un drástico descenso de casos nos próximos días adiaranse moitas das actividades inicialmente previstas polo Concello á espera de que unha melloría na situación epidemiolóxica permita a súa celebración con maiores garantías”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.