A Deputación e COGAMI reforzan a súa aposta pola inserción laboral de persoas con discapacidade

19 Xullo 2021

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente de COGAMI, o sonense Anxo Queiruga, anunciaron unha nova colaboración entre ambas as dúas entidades. Deste xeito reforzan a súa aposta polo programa de inserción laboral, que o ano pasado facilitou emprego a 1.705 persoas con discapacidade en Galicia, 714 delas na provincia da Coruña.

Anxo Queiruga, agradeceu o apoio da Deputación para o desenvolvemento deste servizo que conta con 18.561 persoas inscritas, 8.064 delas da Coruña. Neste sentido, a Deputación continúa a reforzar o seu apoio ao programa a través dunha achega que incrementou no pasado mandato, pasando dos 60.000 aos 90.000 euros anuais. “Trátase dunha axuda fundamental para un colectivo con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral”, apuntou o presidente da Deputación da Coruña.

Doutra banda, Anxo Queiruga aproveitou para lembrar que “as dificultades na inserción laboral das persoas con discapacidade estanse a agravar polas consecuencias sociais e económicas derivadas da pandemia”. Neste sentido, a iniciativa promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade, que contan cunha taxa de paro que é de 10 puntos superior.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.