O Campamento de Voluntariado de Amicos entrou na súa recta final na compaña da conselleira Fabiola García

16 Xullo 2021

O Campamento Voluntariado Xuvenil Inclusivo de Amicos, unha iniciativa a prol da integración e o compañeirismo na que participaron unha decena de persoas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, chegou este venres 16 de xullo á súa recta final. Fíxoo cun acto institucional na praia da Corna, na que participaron a ribeirense Fabiola García, conselleira de Política Social; Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude; Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, Genoveva Hermo Santos, concelleira de Medio Ambiente e José Andrés Lojo Fernández, concelleiro de Mocidade e Voluntariado do Concello da Pobra. Por parte da Asociación Amicos estivo, Xoán España, director xeral.

O campamento ten lugar no Camping Ría de Arosa de Cabío ao longo dunha ducia de xornadas, sendo a súa finalidade primordial fomentar entre os participantes os valores da solidariedade e o coidado medioambiental e premiar as súas boas prácticas.

Na xornada deste venres as e os participantes animaron á conselleira, á directora xeral e ás demais autoridades a que xogaran o xogo de Re-Mar, que lles permitiu coñecer de primeira man o traballo de revalorización de residuos mariños que se leva a cabo no campamento. Para rematar, a conselleira, a directora xeral e o alcalde da Pobra fixeron entrega dos diplomas de participación a cada un dos integrantes desta actividade de voluntariado.

Declaracións

Carolina Castro, participante do campamento mostrou deste xeito a súa satisfacción por se ter implicado na actividade: “Gustoume moito fabricar e instalar un hotel de insectos na illa de Ons encantoume a experiencia de compartir actividades con outros compañeiros” .

Daniel, que veu dende Pamplona como voluntario, expuxo deste xeito o seu punto de vista sobre o campamento: “Encantoume a experiencia de vivir o día a día coas persoas con discapacidade e a miña primeira vez e encantaríame repetir máis anos”.

Fabiola García, conselleira de Política Social agradeceu a colaboración e a participación de Amicos e das persoas que formaron este campamento de voluntariado, poñendo o foco nas posibilidades que se abriron en materia de activismo medioambiental (o programa incluíu actividades de sensibilización a pé de praia sobre a problemática do lixo mariño, como por exemplo a recollida de residuos levada a cabo este venres na Pobra).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...