Comeza a retirarse a cápsula de madeira do Pórtico da Gloria

13 Xullo 2021
Foto: Denís E. F.

Concluída en 2018 a restauración do Pórtico de la Gloria, ao iniciarse as obras nos interiores e cubertas da Catedral decidiuse protexelo cunha arquitectura efémera, especialmente deseñada para evitar tanto o contaxio co ambiente das naves onde, durante as obras, ía incrementarse considerablemente o nivel de humidade, como a contaminación polo pó e axentes químicos procedentes dos traballos de restauración. Unha terceira razón, non de menor importancia, consistía en estabilizar as condición ambientáis do nártex intermedio, monitorizado desde o inicio da intervención para controlar a humidade e a luz, factores que, como é sabido, inciden de forma notoria e activa na conservación do patrimonio pictórico recentemente restaurado.
A transmisión culta deste monumento de categoría universal estriba na combinación harmónica das súas dimensións relixiosa e espiritual, patrimonial e turística, con cadanseu valor desde o punto de vista da liturxia, o simbólico, a conservación e o goce. A Fundación Catedral tivo presente en todo momento a necesidade de recuperar, cando as condicións o permitiran, a unicidade espacial da basílica e o Pórtico da Gloria.
Coa Catedral monitorizada desde hai anos para rexistrar as variables ambientais, ao finalizar agora a restauración dos interiores e cubertas, escalinata e cripta, así como dos lenzos norte e sur, e liberado o templo de estadas e demais elementos de obra, foi posible comprobar que o ambiente das naves e o Pórtico tende a equilibrarse, nunha conxuntura de mellora do clima e coa eliminación das filtracións de auga. Considerouse, pois, chegado o momento de recuperar o espazo único, nunha primeira fase rebaixando a altura da cápsula de madeira ata 1,80 m e retirándoa logo totalmente, o día 22 de xullo.
É necesario afirmar que, en todo caso, o nivel de presenza de público no Pórtico da Gloria será limitado. É un principio xeralmente aceptado que, para a óptima conservación do patrimonio de excepcional valor e sensibilidade, as visitas nunca poderán ser masivas, para evitar o incremento dos índices de vapor de agua na atmosfera interior e garantir a seguridade. Estas limitacións veñen aplicándose desde hai décadas nos bens máis relevantes do patrimonio mundial.
Por outro lado, é evidente que as visitas secuenciadas facilitan a apreciación cultural do patrimonio e a transmisión dos seus valores espirituais, pois diso se trata: a masificación conduce á banalización. Tendo en conta estes criterios, establécese a regulación do réxime de acceso, sea de pago ou gratuito, así como un sistema de control climático adecuado.
Se polo seguimento dos rexistros se advirte o perigo de alteración no equilibrio climático e o conseguinte risco para as pinturas do Pórtico, adoptaranse as medidas oportunas para a súa protección, sempre flexibles e reversibles, que se anunciarán no seu momento.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.