O mércores chamados 800 veciños para vacinarse no Barbanza. Baixan a 235 os novos contaxios da COVID en Galicia e os casos activos seguen en ascenso ata os 2.638.

06 Xullo 2021

Continúa a vacinación fronte á COVID-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, con case 6.000 persoas citadas mañá mércores en Hospital de Barbanza: 800 (1 dose de pfizer/ 30 á 39 anos, a Cidade da Cultura: 5.000 ( 1 dose de Moderna / 30 á 39 anos), Hospital Clínico de Santiago: case 200 (2 dose de moderna) e centros de saúde: 55 persoas (Janssen, repescas).

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.638 deles 643 son da área da Coruña, 284 da de Lugo, 336 da de Ourense, 546 da de Pontevedra, 479 da área de Vigo, 247 da de Santiago e 103 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 47 en unidades de hospitalización e 2.579 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 126.055 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 2.385.985. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.909.134. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.