En marcha unha campaña de adhesión de socios no Club Deportivo Dodro

02 Xullo 2021

O Concello de Dodro sumouse á campaña de adhesión de socios do Club Deportivo Dodro, que puxo en marcha unha iniciativa de captación de apoios para coller o máximo impulso e asegurar a súa continuidade nas vindeiras tempadas, con vistas tamén a ascender de categoría.

As modalidades de participación son as seguintes: abono individual 30 euros, abono parella 50 euros, abono xubilados 25 euros e socios protectores 50 euros.

O Club Deportivo Dodro é un equipo de fútbol que compite na Terceira Autonómica.

O equipo naceu no verán do ano 2000 como continuación do CD Bacelos, que a súa vez tamén foi continuación do Laíño CF, histórico club de fútbol local, que chegou a xogar en Primeira Rexional e a gañar a Copa do Sar 3 veces. Chegou a ter unha sección independente de voleibol.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.