A conselleira de Infraestruturas comproba o avance das obras de mellora do firme da Autovía do Barbanza

22 Novembro 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, percorreu un treito da autovía de Barbanza (AG-11) ao seu paso por Dodro. Fíxoo na mañá deste domingo 22 de novembro.

O motivo desta visita foi comprobar o avance dos traballos de reforzo e acondicionamento de firme que se están a realizar en todo o trazado desta autoestrada entre Padrón e Ribeira.

As obras de mellora e reforzo do firme da Autovía do Barbanza (AG-11) están actualmente en execución ao longo dos seus máis de 40 quilómetros entre Padrón e Ribeira, cun investimento superior aos 10,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

A intervención abrangue a totalidade do trazado da AG-11 (algo máis de 40 km), incluíndo tanto o tronco principal como os enlaces entre Padrón e Ribeira.

O contrato foi adxudicado á construtora ourensá Copasa por arredor de 10,5 millóns de euros (cun orzamento global da actuación que rolda os 11,9 millóns).

Os traballos inclúen a rehabilitación superficial e o estendido dunha nova capa de rodaxe, a renovación das xuntas de dilatación nas estruturas, a mellora do balizamento e o repintado da sinalización horizontal.

Outros artigos

O Mugart remata a impartición do primeiro curso de gravado mural

Sete persoas participaron na acción formativa da man dos profesores José Fuentes e Antonio Navarro O Museo do Gravado de Artes continúa achegando formación nesta disciplina artística co primeiro curso de gravado mural impartido nesta fin de semana a un total de sete...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.