“Que é mellor?” – Manuel Domínguez

26 Xuño 2021

Que é mellor, sufrir por amor ou nunca coñecelo?
Certamente non se pode sufrir polo que non se coñece, pero todos vimos escenas de amor no cinema, vimos amigos dar caricias, quen non as tivo non coñece eses sentimentos, certamente pódense intuír.
Pode un novo amor substituír un amor perdido?
Non o digo como galego, pero depende.

Se a perda foi tráxica, se Neftis rouboucha, é doloroso, é un amor en construción, daquela a nosa memoria construirá un edifico que talvez non sería.
Ninguén nos pode roubar a beleza dos soños.
Pero seica non é triste morrer sen que ninguén acariñase o teu rostro, sen bicarche as pálpebras.
Sempre digo, cando un le un libro está a gozar da experiencia doutro, pero cando un viaxa é nosa propia experiencia, que non son transmisibles.
Sen caricias o amor non subsiste, é un engano, como comerse unha chuleta no restaurante, que diferencia cando o que comes es ti quen o cociñou, ou cando o cociñado llo ofreces á túa amada ou amado.
Din que un cravo quita outro cravo, talvez, pero os espazos deixados ou ocupados non son os mesmos.
Cada ser é diferente.
Ante unha perda como un roubo de Neftis, din que os males do amor cúraos o tempo, pero para os que amamos de verdade o tempo non pasa.
Vén á miña memoria, e non podo esquecer.


Oda á inmortalidade, de William Wordsworth
Aínda que o resplandor que
noutro tempo foi tan brillante
hoxe estea por sempre oculto ás miñas miradas.
Aínda que os meus ollos xa non
poidan ver ese puro escintileo
que na miña mocidade cegábame.
Aínda que nada poida facer
volver a hora do esplendor na herba,
da gloria nas flores,
non debemos sufrir,
porque a beleza subsiste sempre no recordo.
Aquí finalizo, non quero que as miñas palabras estragar un chisco da beleza, deste fermoso poema

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...