As actividades ao aire libre centran o programa estival do Concello de Dodro

25 Xuño 2021

O Concello de Dodro achega este verán un programa de actividades ben completiño. Haberá propostas culturais e deportivas de toda índole: dende pádel, deportes alternativos e andainas polo territorio local até escolas de verán, campamentos, espectáculo de teatro e contacontos.

No plano cultural, de lecer e de actividades medioambientais, está prevista unha Andaina Nocturna, impulsada polo Concello, este sábado 26 de xuño. Ademais, ao abeiro do programa de Festival Atlántica, o día 10 de xullo actuarán Rilo e Penadique no Lavadoiro de Lestrobe, achegando o espectáculo Lavandeiras. O día 16 será a quenda de Teatro Ghazafelhos, con Monstros no camiño, na Eira de Bexo.

Vertente deportiva

O Concello de Dodro aposta forte este ano por achegar á rapazada un verán de lecer e descanso pero tamén formativo e deportivo.

Unha das actividades formativas é a Escola de Verán de Concilia Dodro 2021, que vai dirixida a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As sesións desenvolveranse en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. O horario será de 9.30 a 13.30 horas. A Escola de Verán levarase a cabo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. As prazas son limitadas.

A outra das actividades docentes son as Clases de Reforzo Educativo da ESO, que xa teñen aberto o prazo de preinscrición e que se dirixen a mozas e mozos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO.

Polo que se refire aos deportes, organízase un Campamento de Deportes Alternativos, que se celebra (para nenas e nenos de entre 7 e 15 anos) os días 23, 25, 28, 29 e 30 de xuño, e 1 e 2 de xullo, en horario de 11 a 13 horas. Amais, o Concello tamén convocou un Campamento Deportivo de Verán, con deportes tradicionais e (tamén) galegos e todo tipo de actividades saudábeis ao aire libre. Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de entre 7 e 15 anos. Desenvolverase os días 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 15 e 16 de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.