O MUGART (Artes) inaugura unha mostra de litogravado con obras de 39 artistas

21 Novembro 2026

A alcaldesa de Ribeira e presidenta da Fundación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, María Sampedro, xunto ao director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participaron onte na apertura da mostra Litogravado, no propio Museo de Artes do Gravado (MUGART), ao abeiro da celebración do seu 25 aniversario. Na cita tamén estiveron o fundador do MUGART, Javier Expósito Paradela, e o director do museo, Pastor Rodríguez.

Esta nova exposición é o resultado dos cursos impartidos polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro a un total de 39 artistas para formalos na técnica do litogravado no obradoiro que acubilla a propia institución museística; un espazo que amplía a súa capacidade e incorpora un tórculo grande posibilitando desenvolver accións formativas de gravado mural.

No que respecta aos traballos que se exhiben, Sampedro destacou que “corrobora a existencia dun proxecto pedagóxico de vangarda e que esta institución segue consolidándose nun centro de referencia vivo, dinámico e acolledor para a creación artística contemporánea”.

Ao longo da súa traxectoria, no MUGART leváronse a cabo 18 cursos, correspondéndose tres deles con litogravado neste ano. Os froitos son unha serie de estampas cheas de cor a través de estratéxicas cromáticas baseadas no principio dos complementarios e na simbiose co augaforte e augatinta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.