O alumnado do CPI de Dodro celebra o peche de curso poñendo na Rede os seus proxectos

25 Xuño 2021

A pandemia condicionou todo, mesmo as actividades habituais de peche curso nos nosos centros educativos, polo que foi preciso buscar alternativas nas contornas online. Esta foi a fórmula usada polo alumnado do CPI de Dodro para a celebración da súa tradicional xornada de portas abertas co que celebrar o remate do ano académico.

As e os escolares CPI decidiron elaborar unha páxina web que recollera os proxectos e creacións levados a cabo ao longo de todo o curso e que tiveron como tema principal as emocións. A iniciativa do centro levou por título Persensamos Dodro, co que os rapaces lanzaron un convite integral a “percibir, sentir e pensar” o concello apostando ao mesmo tempo por fórmulas infalíbeis como sustentabilidade, a reivindicación da historia local ou a innovación. Inclúense recursos divulgativos de gran interese, como vídeos sobre a desaparición dos vagalumes, sobre como construír casas máis sustentábeis ou sobre as orixes do Valo de Manselle.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.