Na Pobra, aberto o prazo para as actividades deportivas de verán

23 Xuño 2021

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), presentou o programa municipal de actividades deportivas para a tempada de verán neste 2021. A axenda inclúe propostas para a rapazada (fútbol praia e xogos na praia), así como para as persoas adultas (pilates, camiñadas + estiramentos e camiñadas para maiores).

Ademais destas actividades, os propios clubs levarán a cabo outras en colaboración co departamentos dos Deportes: tenis praia, tenis, patinaxe artística, baloncesto, atletismo, fútbol base, remo, tiro con arco e volei praia.

A Concellería explicou que todas as disciplinas van impartirse seguindo as medidas establecidas por mor da COVID-19.

As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse na oficina de Deportes do Concello, situada na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545 e enderezo electrónico deportes@apobra.gal.

Así mesmo, ao longo do estío haberá diversas competicións deportivas coma, por exemplo, a regata de traiñeiras Bandeira Concello da Pobra, o Triatlón, o trofeo Conde Fenosa de fútbol ou a Milla Urbana Nocturna.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.