Os participantes na observación de invertebrados de Dodro comproban a boa calidade das augas da contorna

22 Xuño 2021

O Concello de Dodro, a través da área de Cultura e Medio Ambiente, organizou este sábado 19 de xuño unha actividade de Observación de Invertebrados.

Para o seu desenvolvemento contouse coa importante colaboración da asociación ecoloxista ADEGA e do Proxecto Ríos, cuxos integrantes (Ramsés e Orlando), tras unha breve explicación teórica sobre os principais seres vivos acuáticos que se poden atopar na contorna, coordinaron os traballos dirixidos a medir a calidade de auga do río de San Lufo a través de bioindicadores.

As comprobacións, realizadas in situ no río preto da depuradora de Vigo, saldáronse cunha cualificación de notábel.

A iniciativa celebrouse ao abeiro do programa #DodroSOStible. Fíxose, como dixemos, en colaboración coa comunidade de ADEGA e o Proxecto Ríos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...