O Castro de Baroña será obxecto dunha nova intervención para a súa consolidación

18 Xuño 2021

O Concello de Porto do Son vai realizar unha nova intervención para afianzar a consolidación do Castro de Baroña. Isto permitirá manter o estado dun dos grandes tesouros máis importantes do patrimonio da comarca de Barbanza.

O obxectivo da obra consistirá en restaurar as estruturas danadas polo paso de visitantes e protexer os seus muros. En xeral, levaranse a cabo traballos de mantemento que garanten a conservación dos elementos escavados.

Segundo fixo saber recentemente o arqueólogo, Tito Concheiro, “dende o 2015 non se fixeron tarefas de conservación e o ano pasado foi problemático porque o aluvión de visitas que se rexistrou tralo confinamento foi agresivo para o xacemento”. Desta forma, a actuación realizarase este verán, aínda que existe unha gran complexidade de tramitación por parte da Administración titular do Castro.

Con todo, o Concello de Porto do Son estuda fórmulas para controlar as visitas ao recinto. O alcalde da localidade, Luis Oujo, sinalou que “hai momentos nos que hai tanta xente que é incluso incómodo andar entre as construcións do castro”. Por iso, unha das solucións que se barallan é aplicar un pago de un prezo simbólico.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...