A praia de Portosín colle impulso cara a súa rexeneración

12 Xuño 2021

O proxecto para liberar a duna da praia de Coira dunha construción que nunca se debeu ter feito enriba dela, o Colexio de Portosín, recibiu un empurrón decisivo estes días coa licitación, por parte de Costas do Estado, dos traballos para derrubar o inmóbel emprazado no devandito areal. En datas próximas procederase ao comezo dos traballos para a demolición do edificio que alberga o actual centro educativo, co fin de recuperar o entorno natural perdido dende fai décadas.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, explicou esta semana que o proxecto “consiste nun plan medioambiental co que se recuperará esa contorna e se abrirá ao mar a fachada marítima de Portosín”. Ademais, sinalou que “con este acordo conséguese non só devolver á praia o espazo roubado senón tamén humanizar e mellorar a avenida de Coira e dotar esta parroquia cunhas instalacións educativas de primeiro nivel”.

Doutra banda, Pouso referise ao novo colexio que resaltou que, segundo o novo plan de arquitectura pedagóxica que manexa a Consellería de Educación, “supón un cambio radical de concepto en canto ao deseño e intervención e ao servizo dos retos educativos do futuro”. A estrutura contará con espazos máis amplos, con máis áreas ao aire libre e patios cubertos, centros máis sustentábeis e adaptados á era dixital. En definitiva, un colexio de vangarda.

O novo edificio situarase na zona Os Moimentos e terá un anexo ao núcleo urbano para facilitar a mobilidade das familias ao colexio.

Este proxecto é froito dun acordo histórico entre o Concello, a Xunta e Costas do Estado.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...