Este domingo 13 chegan as tecnoloxías argalleiras do Roteiro Make a Portosín

12 Xuño 2021

A xira Roteiro Maker, unha iniciativa móbil polos nosos concellos que inclúe obradoiros de balde relacionados coa tecnoloxía argalleira e o Camiño de Santiago, estará este domingo 13 de xuño en Portosín (Porto do Son), na praza do Curro en horario de 11.30 a 13.30 horas.

O Roterio Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros de balde para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Fará diversas paradas, ademais de en Porto do Son, nos concellos de Ames, Brión, Rois, Dumbría e Muros, entre outros.

O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, Realidade Aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co Camiño de Santiago.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...