O patrón do palangreiro “Punta Candieira”, acusado de pesca ilegal. Antón Luaces

03 Xuño 2021

O patrón do buque palangreiro “Punta Candieira”, foi acusado hoxe, xoves, de infrinxir as normas de pesca. Na súa condición de capitán do pesqueiro, o patrón deberá comparecer o martes, 8 de xuño, no xulgado de Corck, para se enfrontar ós tres cargos formulados contra el pola fiscalía irlandesa: pesca ilegal dentro do límite de 12 millas, e que o palangreiro de Celeiro entrara baixo o mando do citado patrón en augas da baía de Bantry, reservadas para a pesca de buques de pavillón irlandés por se tratar de límites de pesca exclusivos.
Interrelacionadas entre sí, as tres acusacións violan dous artigos da lei de Xurisdicción Marítima e Pesqueira de Irlanda.A todo isto pose sumarse un incidente ,polo de agora non cualificado, rexistrado o pasado venres na mesma baía entre o palangreiro de Celeiro e o arrastreiro “Lours De Mers”, de bandeira irlandesa, do que xa se informou onte este xornal. Por tal motivo, o Servizo Naval inspecionou o lugar no que teóricamente se desenvolveu ese desencontro para recompilar información que aportar á investigación aberta, pero non atopou nada que confirmara a sospeita de que se  cortaran os aparellos co obxectivo de ocultar tal ilegalidade após as acusacións en tal sentido vertidas polo patrón do arrastreiro “Lours De Mers”, quen afirmou que a tripulación do barco galego se desfixera dos aparellos de pesca antes de abandonar a zona, previamente  á chegada a esta dos membros da Mariña irlandesa.O pesqueiro de Celeiro -de armador de Cedeira- dispón de todos os medios de axuda a navegación e mesmo do sistema de localización AIS que sinala en cada momento o lugar no que se atopa o barco que o emprega. Barcos galegos afirmaban na fin de semana que o arrastreiro irlandés levou o AIS desconectado -apagado- ao menos durante 9 horas, estremo este que tampouco de poido probar.Para o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e, á vez, da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, o feito de que o “Punta Candieira” entrara en augas prohibidas só pode ter unha explicación técnica ou razón lóxica “para que unha situación deste tipo se producira, dado que o palangreiro dispón de todos os medios necesarios para ter información ao minuto respecto da navegación”.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.