Imos Iago! Porto do Son está contigo, lema de ánimo ao regatista olímpico Iago López Marra

02 Xuño 2021
Foro Juan Caballero

A localidade sonense de Portosín reuniu esta mañá, nas instalacións do Real Club Náutico, a unha ampla
representación das institucións locais e rexionais, para animar e apoiar na súa despedida cara aos JJ. OO. de Tokyo, ao regatista portosinense Iago López Marra.
Ao acto, encabezado polo Alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e o presidente do RCN Portosín, Jorge Arán, asistiron o Secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o Comodoro do Club, Fernando González, que fixo as veces de Mestre de Cerimonias;
os concelleiros Juan Pouso e Manuel Dean, Deportes e Turismo, respectivamente; o Xefe de Salvamento Marítimo de #Finisterre, Manuel Capeáns; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, Isaac Gaciño; o párroco de Portosín, José Ramón Jorge Mosquera; así como os pais e familiares de López Marra.
“Iago simboliza todo o que é o verdadeiro significado do deporte”, destacaba na súa glosa o Comodoro do Club de Portosín, Fernando González.
“Desde pequeno, cando me subín por primeira vez a un barco, souben que isto era ao que me quería dedicar o resto da miña vida”, afirmaba na súa intervención o regatista olímpico Iago López Marra.
“Eu non creo na sorte”, comentaba o presidente federativo Manuel Villaverde. “A estes sitios (en referencia aos JJ. OO.) non se chega con sorte, así que a por todas Iago. Trae ese ouro para Galicia, que boa falta fainos”, terminaba dicindo.

“Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en pequenos lugares, poden cambiar o mundo” (en referencia ao escritor uruguaio, Eduardo Galeano). “E ti, fixéchelo Iago. Ter en Portosín un regatista olímpico, é todo un orgullo”, comentaba o Alcalde de Porto do Son, Luís Oujo.
Pola súa banda e pechando o acto homenaxe, José Ramón Lete, Secretario Xeral para ou Deporte dicía que “este é un acto debido, un acto obrigado, porque che queremos agradecer Iago todo o traballo e todo o esforzo que realizaches, representando ademais a un club como o Real Club Náutico Portosín, que tanto che emociona”.
A pancarta descuberta hoxe no club lucirá dentro duns días na fachada do Concello de Porto do Son, un xesto solidario e de ánimo cara a un deportista local que navega cara a Tokyo en busca do seu soño dourado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...