O ribeirense Juan Grela Docabo ofrece este mércores o seu recital de fin de grao

01 Xuño 2021

O novo músico ribeirense Juan Grela Docabo ofrecerá este mércores 2 de xuño, no Conservatorio Municipal Enrique Paisal, o seu recital de fin de grao profesional na especialidade de gaita.

A actividade terá lugar no salón de actos ás 19.30 horas. O programa que o músico vai interpretar consta do seguinte repertorio: L’Art de preluder de Jacques M. Hotteterre, Sonata I para gaita e baixo continuo op.27 de J. Bodin de Boismortier, Sonata III para gaita e baixo continuo op.2 de Charles Buterne e Suite en sol m de Daniel Demoivre.

O músico

Juan Grela Docabo comezou os seus estudos de gaita no conservatorio local aos 8 anos, abordando un repertorio histórico do instrumento dende a Idade Media ata a época contemporánea. De xeito paralelo, con 11 anos, accede á especialidade de clarinete, instrumento no que cursa actualmente grao profesional

Ten recibido aulas de gaita de diversos mestres como Paulo Gonçálvez, David Vellas e Ánxela Vidal. Na faceta máis popular do instrumento fórmase con gaiteiros como Pepe Romero, Suso Vaamonde, José Manuel López “Josele” ou Daniel Bellón. Tamén asiste a un curso formativo con Cristian Silva e participa, con 10 anos, no concurso infantil de TVG Vai de gaita.

Formou parte de varias asociacións de música tradicional, como Tahume e Fanfarria Ferruxa, así como na banda do Ateneo Musical da Pobra.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.