Rianxo acollerá os cursos de vela e windsurf da Deputación

27 Maio 2021

A Deputación da Coruña vén de anunciar que Rianxo, xunto a Cariño, Mugardos, Pontedeume, Ponteceso e Dumbría, acollerán este ano, entre o 5 de xullo e o 13 de agosto, os cursos da campaña de vela e windsurf 2021. En Rianxo terán como data do 9 ao 13 de agosto.

Estes cursos están destinados a rapaces e rapazas de entre os 9 e os 18 anos pertencentes a Rianxo. Un dos requisitos clave será saber nadar e estar empadroado no concello. As clases terán unha duración de cinco días en quendas de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20 horas), nas que se realizará unha iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, así como un curso básico de windsurf.

A empresa adxudicataria deberá contar cun equipo de traballo formado, así como con embarcacións tipo omega, topaz e optimist, táboas de windsurf, velas e tres lanchas pneumáticas de apoio, ademais de material de seguridade para os participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...