Usuarios do servizo de drogodependencias de Ribeira desenvolven labores de voluntariado en Sálvora

27 Agosto 2019

20190827. Os integrantes do taller de carpintería da Unidade de Día do Servizo de Drogodependencias de Ribeira viaxaron ata Sálvora por terceiro ano consecutivo co obxectivo de desenvolver labores de voluntariado ambiental ao tempo que se incide na súa integración social e desenvolvemento integral.

En total son seis os usuarios que se desprazaron ata a illa, acompañados do seu profesor de carpintería Manuel Casais. A súa estancia, que principiou onte, prolongarase ata este venres 30 de agosto. Alóxanse no albergue situado no antigo pazo de Sálvora, compartindo espazo cuns biólogos aos que acompañarán nas súas saídas, podendo así obter de primeira man un fondo coñecemento da riqueza ambiental deste enclave situado dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Ademais, durante a súa estadía levarán a cabo traballos que redundarán en favor da comunidade. Así, se no 2017 estiveron a restaurar unha dorna e o ano pasado unha calesa, nesta ocasión os asistentes teñen por propósito rehabilitar unha embarcación auxiliar ou chalana. Onte mesmo puxéronse xa a traballar neste cometido guiados unha vez máis por Manuel Casais.

Está previsto que a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, viaxe mañá ata a illa para observar de preto a experiencia dos usuarios.

Outros artigos

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...