O Concello de Ribeira organiza unha saída cultural a Porto para persoas pensionistas e xubiladas

16 Maio 2024

Este 16 de maio o Concello de Ribeira (a través das Concellerías de Servizos Sociais Comunitarios e Educación) fretou un autobús con saída en dirección á cidade portuguesa de Porto con 50 persoas participantes nos obradoiros do programa de dinamización e promoción social para maiores de Ribeira.

A actividade forma parte do programa de obradoiros e actividades de formación continua que impulsa o Concello para favorecer o avellentamento, “un dos puntos de interese fundamentais para o Goberno local”, no que se encadran tamén diferentes propostas deportivas e máis o IV Ciclo da USC en Ribeira (Camiños de Coñecemento e Experiencia). Tamén se insire nesta liña de traballo o Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego coordinado desde o Servizo de Normalización Lingüística, que permite levar ás funcións realizadas en Santiago á veciñanza de Ribeira.

Por certo que as e os participantes na viaxe a Porto participarán na conmemoración internacional do 40 aniversario do Centro Dramático Galego asistindo en Porto, no Teatro Nacional São João, á representación da obra Manuela Rei is in da house.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.