Moción do Partido Popular de Ribeira sobre vertedoiros incontrolados

17 Maio 2024

Nos últimos meses, o Grupo Municipal Popular de Ribeira observou un aumento preocupante de entulleiras incontroladas no municipio, o que constitúe un serio problema tanto ambiental como de saúde pública, ademais de afectar negativamente a imaxe da nosa cidade é por iso que presenta unha proposición ao Pleno da Corporación Municipal de Ribeira.

O pasado mes de marzo, o Grupo Municipal Popular denunciou que o goberno municipal convertira en entulleira unha leira situada en Deán Grande, a cal estaba destinada a ser un aparcamento veciñal. A día de hoxe, a metade do solar segue chea de residuos sen recoller, causando malestar entre os veciños.

Desde o Grupo Municipal Popular destácase que é obrigación do goberno municipal, do mesmo xeito que de calquera empresa ou particular, contar cun xestor autorizado para a correcta disposición de entullos e outros materiais en desuso. Con todo, paseando polo municipio, é fácil atopar restos de obras, plásticos e latas de pintura. Zonas como Couso e os arredores da parroquia de Aguiño, especialmente na área coñecida como Demarsa, mostran unha acumulación significativa de entullos, o que representa non só un risco contaminante, senón tamén un impacto visual negativo en áreas de alto valor paisaxístico.

Segundo os populares é crucial que a administración local, a máis próxima ao cidadán, sexa un exemplo de boas prácticas. O goberno municipal debe xestionar adecuadamente os residuos, especialmente aqueles materiais que polas súas características ou perigo requiren un tratamento especial. Non é aceptable que vehículos municipais vertan entullos en recintos municipais ou abandonen todo tipo de elementos en solares de uso comunal.

O Grupo Municipal Popular avoga por unha Ribeira que avance cara a unha mentalidade máis verde e sostible, salientando a concienciación, a prevención, a vixilancia e o castigo a quen non cumpran coas normativas. A responsabilidade de manter limpo a nosa contorna debe comezar en cada fogar, promovendo accións que reflictan o noso compromiso co medio ambiente.

Por todo isto os popualres solicita:

1- O control rigoroso por parte do executivo local de manter unha reciclaxe correcta cos residuos xerados pola propia
administración nas labores diarias.
2- A retirada de todos os vertedoiros incontrolados identificados á maior brevidade, xa que supoñen un perigo medioambiental
así coma unha degradación da imaxe paisaxística e ambiental do noso concello.
3- A posta en marcha dun Plan de prevención e sensibilización que conte cunha intensificación da vixilancia nos puntos
reiterativos de vertidos incontrolados co obxectivo de identificar aos infractores e aplicar as sancións sinaladas na normativa reguladora, así como a posta en marcha dun plan de prevención e sensibilización que axude a erradicar en orixe esta problemática.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.