A veciñanza de Rianxo fórmase en reanimación cardiopulmonar e uso de desfibriladores

26 Maio 2021

Até 18 de persoas participaron en Rianxo na segunda edición do Curso de Reanimación Cardiopulmonar Básica (RCP) e Desfibrilador Semiautomático (DESA) que organizou en dúas quendas o Servizo de Deportes municipal en colaboración con Protección Civil de Rianxo e instrutores de AGAMFEC (Asociación Galega de Médicos de Familia).

Dado o éxito da iniciativa, Deportes de Rianxo xa confirmou a celebración vindeira dunha terceira edición, non só polo alto nivel de participación senón tamén pola “propia importancia destas actividades formativas que “son vitais e imprescindíbeis para a veciñanza e para as entidades do noso concello”, informou a dita área municipal.

O obxectivo foi iniciar ás persoas participantes nas metodoloxías básicas de reanimación cardiopulmonar, no soporte vital básico e no manexo do DESA, capacitándoas para atender unha emerxencia nas mellores condicións posíbeis até o intre da chegada dos servizos médicos.

A actividade foi gratuíta e ao remate da mesma expediuse un certificado avalado pola SEMFYC, o consello español de RCP e homologado polo consello europeo de RCP.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...