Outes alberga esta fin de semana a segunda proba do Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva

21 Maio 2021


Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas

A segunda cita do Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva, que promove a gran empresa de servizos da internet,
baixo a organización da Real Federación Galega de Motonáutica, chega esta fin de semana a Outes.
Grazas ao proxecto “Un mar para todos”, coordinado por ADECO- DEA (Agrupación Deportiva Costa Oeste-Deporte Adaptado), as augas do Freixo converteranse na pista de despegamento dunha das citas máis atractivas da motonáutica en Galicia, ao estar en xogo o título de campión galego de 2021, un cetro que, de momento e tras a celebración da primeira proba en Portosín, ostentan os locais Pepe Barrio e Pilar Sarmiento. Non en balde os noieses son os “ invictores” da edición do pasado ano, proclamándose campións da comunidade na última xornada que se disputou no Miño, tendo por testemuña o Concello de Goián.
De preto séguenlle tripulacións como as formadas polos pilotos de Sada, Carlos Facal e Almudena Fagil, que foron segundos na primeira proba, e tamén os noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas, bronce en Portosín.

José Luís Álvarez e Oswaldo Davila

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...