Aumentan os contaxios en Boiro

18 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou este 18 de maio unha nova Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19. Na sesión reflectiuse que segundo os datos da Consellería de Sanidade, o número de novos contaxios está en aumento no municipio.

Desta forma, o Concello de Boiro fai un chamamento á responsabilidade e ao cumprimento de todas as medidas de seguridade para evitar que se siga propagando o virus.

Na xuntanza lembrouse o o departamento de Servizos Sociais continúa coa coordinación das persoas con positivo en COVID-19, axudando na recollida de lixo ou na entrega de alimentos e outros bens de primeira necesidade.

Con todo, a Policía Local tramitou na última semana un total de 4 denuncias por incumprir as restricións. 3 delas foron por non respectar a limitación de grupos máximos de persoas e 1 polo uso indebido da máscara.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.