A conselleira de Política Social presentou no Son o programa de actividades para o campamento xuvenil Virxe de Loreto

11 Maio 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que a campaña de verán ofrecerá un “lecer seguro” á mocidade galega tras os esforzos realizados no último ano. Así o manifestou durante a presentación do programa de actividades que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro e que porá á disposición da xuventude galega un total de 7.830 prazas, mil máis que o ano pasado. O prazo para pedir solicitude será de sete días hábiles e comezará o vindeiro xoves 20 de maio, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Fabiola García sinalou que, como cada edición, inclúense tamén prazas reservadas para persoas con discapacidade de entre 11 e 41 anos —un total de 185—, así como para rapaces tutelados —outras 60 prazas—. Dentro da oferta desta campaña figuran campamentos para nenas e nenos de 9 a 17 anos, intercambios con outras comunidades autónomas, campos de voluntariado para maiores de 18 anos e minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos.
Durante a presentación, realizada no campamento xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son, a conselleira destacou tres novidades da campaña deste ano. Por un lado, incorpóranse catro novas instalacións de campamentos: Bande, Parada de Sil, Cabana de Bergantiños e Silleda; recupérase o programa de intercambio bilaterais que se suspendera o ano pasado por mor da pandemia; e sumaranse 13 novos campos de voluntariado, ata chegar a un total
de 40.

‘O verán que mereces’
O Goberno galego manterá este ano o protocolo específico fixado no ano pasado para os campamentos de verán. Fabiola García apuntou que Galicia apostou polos campamentos de verán cando ninguén o facía e logrouse realizar unha campaña sen ningún caso positivo.
Por este motivo, continuarase a implantar medidas a redución do aforo, a incorporación escalonada das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor ou o incremento das medidas hixiénicos-sanitarias.
A conselleira puxo en valor os esforzos realizados pola xuventude galega durante este último ano. “Lonxe dos estereotipos que a perseguen, hai unha mocidade responsable, consciente e comprometida”, apuntou. Por todo iso, esta campaña de verán ten por lema ‘O verán que mereces’, como recompensa por todos os esforzos, bo comportamento e exemplo que demostraron durante este tempo.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.