11.000 m2 da factoría afectados polo lume en JEALSA. Video AXEGA

09 Maio 2021

Tras unha noite de traballo debido aos focos que aínda quedaban activos continúan as tarefas de control.

Unidades de Bombeiros e Protección Civil da comarca e da ría nos labores de extinción do incendio de Jealsa. Cedida

Os servizos de extinción continúan na mañá deste domingo cos labores de arrefriado do perímetro das instalacións da conserveira Jealsa, en Boiro , afectada por un incendio que leva calcinados 11.000 metros cadrados de superficie.

Segundo información do 112 Galicia, as tarefas de apagado deste lume industrial, declarados ao redor das 14,30 horas do sábado, prolongáronse durante a madrugada do domingo debido aos focos que aínda quedaban activos.

Por parte da Axencia Galega de Emerxencias ( Axega), desprazouse ata o lugar o Grupo de Apoio Loxístico ( GALI) para actuar sobre o terreo con drons cos que avaliaron os danos provocados polas chamas, unha vez o incendio quedou controlado ao redor das 20,30 horas da tarde tal como informamos en O Barbanza.

Video da factoría Jealsa. AXEGA

Ademais, mobilizouse ata o punto unha bomba de achique de gran caudal, un camión ama de cría para fornecer auga aos servizos de extinción e un vehículo remolque cun dispositivo de iluminación para facilitar a visibilidade durante a noite.

De acordo coas últimas informacións do 112 Galicia, o incendio calcinou uns 11.000 metros cadrados da fábrica de conservas, o que inclúe a zona de conxelados –onde se orixinou o lume–, a de cocción e a de procesado.

Mentres duraron as tarefas de extinción, 25 vivendas da contorna tiveron que ser desaloxadas e 60 persoas foron evacuadas debido ao fume por precaución. Unha vez recuperadas as condicións de seguridade, ao redor das 21,00 horas todos eles puideron regresar ás súas casas en bo estado de saúde.

Este gran incendio da planta de Jealsa situada na zona de Bodión obrigou a activar o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia ( Platerga) e a mobilizar durante toda a xornada do sábado un amplo operativo por terra, mar e aire.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.