Antía Chamosa, cabeza de cartel no Campionato de Marcha en Ruta que se celebra na Pobra

06 Maio 2021

A Federación Galega de Atletismo vén de confirmar que a deportista internacional Antía Chamosa da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, será a principal atracción do Campionato de Galicia de Marcha en ruta que se desenvolverá esta fin de semana polas rúas do concello da Pobra do Caramiñal, un importante evento deportivo do que falamos este mércores en O Barbanza con motivo da súa presentación no Consistorio.

A marchadora internacional tomará a saída este sábado as 18.30 horas sobre a proba dos 10 quilómetros na que parte, segundo indica a Federación, “como indiscutíbel favorita”. De feito, Antía é a vixente campioa de España nos 10.000 metros marcha, estando seleccionada de igual modo para tomar parte o vindeiro día 16 de maio no Campionato de Europa por equipos na proba dos 35 quilómetros que se desenvolverá na República Checa.

Antía Chamosa nunha imaxe de Olga Fernández para o Diario de Pontevedra

A internacional Carmen Escaríz do Ourense Atletismo, quen volve a alta competición, xunto a súa compañeira de club Raquel Fernández e Mar Chillón do A.F. Celta, estarán na loita polas medallas desta categoría.

Nos homes, Daniel Chamosa da Ximnástica preséntase como favorito ao título autonómico malia que diante del terá ao máster internacional Juan Manuel Morales do Marineda quen xa se impuxera no campionato autonómico de pista do ano pasado.

A maiores estarán boa parte dos campións e campioas galegas da edición 2020 na que destacan Ismael Díaz do Club Atletismo Sada na categoría Sub20; Brais Suárez do RunGalicia-InterSport na Sub18; Aldara Meilán da Atlética Lucense na Sub16; Sabela Castelo do Vila de Cangas na Sub14 e Tomás Bautista do At. Porriño na Sub12.

Na categoría máster Carmen Jueguen de A Silva, defenderá o seu título na categoría F45. A maiores, a campioa e subcampión de España máster deste ano en Sevilla sobre os 20 quilómetros ruta Emilia Rodríguez do Trega na F40 e Manuel Polo do Atletismo Narón na M45, estarán presentes sobre o trazado do concello pobrense.

O campionato que dará comezo o sábado ás 17.00 horas, será retransmitido en directo a través da canle Youtube da Federación Galega de Atletismo.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...