Arredor de 120 atletas xúntase este sábado na Pobra no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

08 Maio 2021

A Pobra vai acoller este 8 de maio o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta. Trátase dunha cita deportiva organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello da Pobra e da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz; e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure Muñiz.

Segundo fixeron saber, contarase coa participación duns 120 deportistas. O evento arrincará ás 17.00 horas, cun circuíto habilitado no treito da fachada marítima comprendido entre a rotonda do peirao náutico e as inmediacións da lonxa.

Os tres primeiros atletas clasificados das categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sub-20, sub-23, absoluta e as diferentes modalidades máster recibirán unha medalla conmemorativa do campionato.

No transcurso deste evento contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense e será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo sanitario FISICOVID-DXTGALEGO.

A edil Genoveva Hermo destacou a disposición da Administración local “en dinamizar o deporte e incentivar este tipo de acontecementos deportivos.”

Pola súa parte, o presidente da FGA, Isidoro Hornillos, agradeceu inicialmente a “actitude e compromiso” do Concello, o cal desenvolve “un gran labor no ámbito do deporte e, particularmente, no atletismo”. Do mesmo xeito, salientou a traxectoria da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, a cal cualificou como “un club referente.”

Na súa intervención, o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure, expresou o seu agradecemento á Federación e á Administración local. Tamén salientou que os deportistas participantes son especialistas desta disciplina, polo cal se “dedican exclusivamente á marcha en ruta.”

Pola súa banda Xosé Lois Piñeiro, tivo palabras de agradecemento para tódalas partes implicadas na realización da proba e manifestou que en próximas datas se darán a coñecer melloras de infraestruturas deportivas.

A rolda de prensa pódese visualizar a través da canle do Youtube da FGA, onde tamén se emitirá o campionato.

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Cinco equipos loitarán por conquistar a XX Bandeira Concello da Pobra

A Pobra vivirá o sábado 12 de xullo unha das probas deportivas con máis historia do municipio: a XX Bandeira Concello da Pobra. A cita, organizada polo Club Remo da Pobra en colaboración co Concello, está encadrada dentro da Liga Galega de Traiñeiras B. A sala de...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.