Contacontos e obradoiros nos Centros Sociais de Escarabote e Cabo no mes de maio

03 Maio 2021

Os Centros Sociais de Cabo de Cruz eEscarabote acollerán durante este mes de maio unha serie de contacontos e obradoiros creativos para os máis cativos. As actividades vanse celebrar todos os xoves pola tarde, ás 17.00 horas en Cabo de Cruz e ás 17.30 horas en Escarabote. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse na Biblioteca do Centro Social de Escarabote e máis no Centro Social de Cabo de Cruz.

O programa está especialmente indicado para nenas e nenos entre os 4 e os 7 anos e consisten en sesións de contacontos infantís e manualidades sobre as lecturas. O Concello de Boiro, a través das concellerías de Cultura e Educación, aposta polo fomento da lectura entre os máis cativos para potenciar o hábito lector dende a nenez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...