En Noia o Concello mellora a sinalización horizontal de catro enclaves céntricos

23 Abril 2021

O Concello de Noia informou do recente desenvolvemento de traballos de sinalización en diversos enclaves céntricos da vila.

Máis en concreto, os operarios municipais levaron a cabo labores de pintado nas seguintes rúas e barrios: a rúa Calzada, a avenida da Coruña, o barrio de Labarta e máis a contorna de San Lázaro.

O Concello explicou que se trata de “actuacións moi necesarias”, destinadas a “mellorar a visibilidade das marcas viarias e polo tanto a seguridade dos peóns e dos condutores”. Estes traballos estenderanse ao longo dos vindeiros a outros puntos da vila.

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.