Galicia suma 240 casos da variante británica, nove de surafricana e máis de 20 de brasileira

21 Abril 2021


Galicia suma 240 casos de variante británica confirmados, despois de realizar a secuenciación do virus. Ademais, ten notificados 24 casos de variante surafricana, dos cales nove xa foron secuenciados e outros 15 só informados.

Os datos achegados este mércores pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, tamén revelan que eses 15 casos informados de surafricana son “compatibles” co patrón pero aínda están pendente de confirmación.

Durán Parrondo explicou que Saúde Pública ten notificado un caso da P2 brasileira, a variante menos común, e sobre a que dixo que non ten “impacto”. Ademais, da P1, a que “todos coñecemos” como variante brasileira, hai 18 casos notificados.

Ademais, hai outros 24 casos de variante surafricana e brasileira en estudo. Carmen Durán salientou que as medidas que se recomendan por parte do comité clínico son válidas para todas as variantes de SARS- Cov-2: dobre hixiene de mans, distancia social e a menor interación social posible.(A)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.