Barbanza presume de praias excelentes

20 Abril 2021
Praia de Tanxil en Rianxo

A Consellería de Sanidade realizou unha clasificación das zonas de baño de auga doce e salgada da provincia de A Coruña, das cales 204 praias recibiron a cualificación de excelencia.

Praia do Vilar, en Ribeira

Na área de Santiago de Compostela, 132 adquiriron o certificado de excelencia. Entre elas, gran parte son da comarca de Barbanza. Destacan Portomouro, Ladeira do Chazo, Retorta, Carragueiros, Piñeirón, Ribeira Grande, Barraña-Saltiño e Barraña, en Boiro; Boa Pequena e Boa Grande, en Noia; Broña, en Outes; Raposiños, Areal, A Barca, Lombiña, A Illa e A Corna, en A Pobra; Aguieira, O Pozo, Coira Esquerda, Coira Dereita, A Gafa, A Ornanda, A Telleira, Espiñeirido, As Furnas, Río Sieira, Queiruga, O Dique, Area Longa, Arnela-Fonforrón, A Vila, Subigrexa e Cabeiro, en Porto do Son; As Cunchas, Tanxil e A Torre, en Rianxo; e, finalmente, A Corna, Baluarte, Río Azor, Coroso, O Touro, Area Secada, A Ameixida, Mosqueiros, Castiñeiras, Catía-Castro, A Muralla, O Vilar Esquerda, O Vilar Centro, Corrubedo, O Porto, O Prado e Balieiros, en Ribeira.

Doutra banda, hai seis praias que lograron a cualificación sanitaria boa, como por exemplo O Cabo, en Muros. Con todo, existen algunhas zonas en Barbanza nas que se prohibe o baño debido a vertidos, depuracións incorrectas, filtracións puntuais ou problemas de saneamento. Estas son a Praia do Peralto, en Boiro; A Virxe do Camiño, en Muros; e o Testal-Taramancos, en Noia.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.