“Vergoña e indignación polo desleixo do Goberno central”. Antón Luaces

20 Abril 2021

De heroes a abandonados. Os mariñeiros galegos -ao igual que os do resto de España- están a pasar por unha das máis vergoñentas situacións que o tradicional desleixo para co sector por parte do Goberno central se teñen dado. Hoxe, o silenzo máis pesado cae sobre os hombreiros dos profisionais da pesca que, malia todo o esquecemento do que fai gala o Executivo estatal, seguen ao seu: pescar para que eles e o resto da poboación poidan ter que comer sen aínda estaren  vacinados e sendo como son traballadores esenciais na loita contra o coronavirus.
Ou é que o Goberno xa se esqueceu deles?. E que a Xunta no lembra a Madrid que hai milleiros de traballadores sen vacinar que están a desempeñar funcións indispensables para que a poboación teña elementos fundamentais que levar á boca?.O Bloque Nacionalista Galego defende nesta mañá do martes unha proposición non de lei pola que insta ao Goberno central a defender a pesca artesanal galega diante da tramitación aínda pendente do novo Regulamento de Control da Pesca aprobado recentemente. Fai mención o BNG, a aspectos como o rexeitamento da inclusión da cámara de videovixilancia a bordo, a implantación da xeolocalización e a obriga do diario electrónico da pesca. Tamén á modificación da definición da frota artesanal en consonancia aos criterios formulados polo sector e que se esclúa esta frota dos sistemas de TAC e cotas. Pois ben: sendo todo isto de suma importancia, aínda o é máis a vacinación destes homes e mulleres que levan peixe ás mesas de todos os españoise os nacionalista galegos non esixen vacinas. Tamén son negacionistas?.Sábeo ben o secretario xeral de CECOPESCA, Javier Garat, que se refire aos traballadores da pesca dicindo que “son xente dura a do mar e con vocación”, polo que ninguén entende por que a Administración Xeral do Estado “non os atende e os abandonan”.Aqueles heroes de onte, nos que tamén se pensaba cando ás oito do serán de cada día  saiamos ás ventás e balcóns a apluadilos pola súa entrega a prol dos contaxiados pola pandemia de COVID-19, son hoxendía simples obxectos nunha partida na que o único que interesa é a campaña electoral de Madrid.AETINAPE, a maior organización profesional dos traballadores do mar, afirma estar abraiada porque unha das maiores empresas pesqueiras atuneiras bascas pedíulles que “presionen” sobre a vacina dos tripulantes galegos.Cualifica AETINAPE esta información como “a máis indignante e vergoñenta” que nunca ata o de agora tivera que realizar sobre a pesca galega e que reflicte “o pasotismo” das autoridades da maior potencia pesqueira de España. Un Goberno que non moveu un dedo para incluir aos pescadores nos grupos de vacinación prioritarios.Onde lle doe ao Goberno de Pedro Sánchez o sector pesqueiro, os homes e mulleres que traballan nesta fonte indispensable para a alimentación de millóns de persoas?. En que parte do seu corpo existencial doe á Xunta este desinterese manifesto de quen ten a obriga de vacinar a centos de homes e mulleres que conviven nun espazo mínimo e que regresan practicamente todos os días ós seus fogares para compartir coas súas respectivas familias a posibilidade dun contaxio do que deberían estar libres?. Por que calan uns e outros, cando o seu é a liorta permanente?. Tal vez é que o mariñeiro -como non vota porque non o deixan votar- non é máis que un nome nun censo pero sen dereito a exercer esa súa cidadanía porque ninguèn ten interese en dar o paso que lles permita votar en cada elección?.Non me estrana que AETINAPE diga sentir vergoña pola petición dunha empresa basca para presionar diante das autoridades responsables da vacinación de todos, incluíndo os mariñeiros. A min, tamén.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.