Trenor animou á veciñanza de Noia a tirar proveito das axudas para mellorar visualmente as súas propiedades

19 Abril 2021

O venres 16 de abril o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou Noia para facer un chamamento veciñal en relación coas axudas convocadas para emendar e corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos nos concellos galegos, á que destina o Goberno galego destina 1 millón de euros. Na compaña do alcalde Santiago Freire, convidou á cidadanía a tirar proveito destas subvencións pioneiras, encamiñadas a axudar aos propietarios a poñer a punto as vivendas e inmóbeis da súa propiedade, “co obxectivo de mellorar visualmente as súas edificacións e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan”.

O delegado da Xunta recalcou que “ata o 31 de maio, os particulares ou comunidades que desexen acollerse a esta liña de axudas poden presentar a súa solicitude, que cubrirá o 70% do importe global da proxecto de mellora paisaxística, que poderá incluír unha ou varias actuacións, e que, en todo caso, non superará os 3.000 euros por solicitude”. Segundo lembrou, ás persoas interesadas só se lles porá unha condición: a actuación deberá adaptarse aos criterios que fixan a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística.

Trenor animou aos veciños de Noia e de toda Galicia a levar a cabo este tipo de intervencións, axudándolles a asumir o custe que implica, e para o que “deberán seguir unha tramitación fácil e simple, posto que só deberán presentar unha pequena memoria explicativa da actuación, unha reportaxe fotográfica, a factura da actuación e a xustificación do pago”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.