Galicia prorroga o seu peche perimetral e atrasa ás 23 horas o toque de queda

14 Abril 2021


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores a decisión de prorrogar o peche perimetral da Comunidade galega, unha decisión que se sostivo, especialmente, ante a situación doutras comunidades que xa están na “cuarta onda” e debido á incidencia media española, moi por encima da galega.

Os restaurantes galegos poderán servir ceas ata as 23,00 horas desde o vindeiro venres, unha ampliación de horario que se establece coa condición de que teñan reserva previa, un rexistro dos comensais e un medidor de CO2 en interiores.

As decisións adoptadas tras a reunión do comité clínico habitual dos martes veñen xustificados pola situación epidemiolóxica de Galicia que, en termos comparativos ao 18 de marzo, cando comezou o alivio de restricións, sitúase igual ou algo inferior..

A situación epidemiolóxica sitúa a Galicia cunha incidencia inferior nun 89 por cento en relación ao que chegou a ter no pico da pandemia. Galicia conta con máis de 114.000 persoas inmunizadas, 2.256 casos activos en domicilios e a cifra de falecidos ascende a 2.670.

A incidencia galega sitúase en 41,86 caos por 100.000 habitantes a sete días e a 77,6 a 14, fronte á media nacional de 196,2. A ocupación hospitalaria en camas UCI é de 3,13, fronte ao 21,5; mentres que en hospitalización convencional é a máis baixa de España, cun 2,2 por cento fronte á 7,96 da media nacional.

O Presidente destacou que Galicia é a “segunda” comunidade con menor taxa de positividade, o que significa que aínda que ten unha porcentaxe de poboación “vulnerable”, soubo “salvagardala de contagios”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.