Lupe Blanco mostrou as claves da arte da regueifa ante o alumnado do IES Félix Muriel

14 Abril 2021

Este mes de abril estase a celebrar en Rianxo o ciclo Camiño entre mulleres, unha actividade que, como indica no seu nome, diríxese a mostrar ante o alumnado local referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega (operarias, investigadoras, escritoras, muralistas, etc). A iniciativa, que vén da man do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, contou estes días coa visita da regueifeira bergantiñá Lupe Blanco (no Pazo de Rianxiño ante a rapazada do IES Félix Muriel) logo da estadía en Rianxo (o pasado 6 de abril) da poeta ourensá Alba Cid. Tamén está prevista a participación de María Xesús Lama, Nerea Vázquez, Helena González e Lara Torres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.