O alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo recibe este 6 de abril a visita da poeta Alba Cid

05 Abril 2021

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello están a colaborar novamente na organización do ciclo de relatorios Camiñando entre mulleres.Este martes 6 de abril as e os estudantes do dito centro educativo teñen unha cita coa poeta Alba Cid.

O ciclo, en palabras do Concello, é unha actividade educativa que procura achegar ao alumnado do centro educativo referentes femininas que destacan no seu ámbito profesional empregando a lingua galega: operarias, investigadoras, escritoras, muralistas…

Este ano participan no ciclo María Xesús Lama, Nerea Vázquez, Lupe Blanco, Helena González, Lara Torres e Alba Cid.

A escritora ourensá Alba Cid @ollobasilisco

Quenda de Alba Cid

Como dixemos, o ciclo despega este día 6, coa visita da poeta ourensá Alba Cid ao alumnado do IES Félix Muriel. Gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2020 polo seu poemario Atlas, Alba Cid está considerada como unha das escritoras máis prometedoras do noso panorama literario. Poemas para enfiar unha nova cartografía será o nome do obradoiro que impartirá, dirixido concretamente ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Outros artigos

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.