O Concello de Dodro denuncia os estragos patrimoniais e ambientais dunha corta de eucaliptos no Castro de Lestrobe

12 Abril 2021

O Concello de Dodro comunicou ó Servizo de Xestión Cultural da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e ó Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) a realización dunha corta de eucaliptos na área de protección integral de grao 1 do Castro de Lestrobe que causou o derrubo dos muros existentes na contorna, estragos na biomasa e restos da corta abandonados no propio camiño.

Ante as informacións do Distrito Forestal de que a corta non contaba co seu permiso e ante as evidencias de que tampouco ten permiso da DXPC, figurando a parcela con “propietarios descoñecidos” no servizo de xestión catastral, o Concello decidiu poñer en coñecemento das autoridades autonómicas este feito para que, en palabras do Goberno local, “dunha vez por todas non se volvan a repetir estas actuacións que atentan contra o Patrimonio Cultural de todos os veciños de Dodro e dos galegos”. E engadiu o Concello: “Se destruímos os bens patrimoniais tamén destruímos á nosa identidade como pobo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...