Na Pobra aparecen 8 positivos no cribado. Onte venres acudiron máis do 90 % das persoas citadas no Hospital do Barbanza. Este sábado non se rexistraron vítimas en Galicia

10 Abril 2021

En A Pobra realizouse un cribado poboacional entre os días 5 a 7 de abril a 5.100 persoas con idades comprendidas entre 25 a 65 anos cunha participación do 73,13% e cun resultado total de 8 positivos. En canto á vacinación para este sábado están chamadas á Hospital do Barbanza, 235 persoas de idade entre 60 e 65 anos.

Onte acudiron máis do 90 % das persoas citadas no Hospital do Barbanza. Este domingo están convocados 600 persoas de 60 a 65 anos.

En canto a Galicia o 88,51% das persoas entre 75 e 79 anos que foron citadas este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) acudiu a vacinarse, segundo cifras feitas públicas este sábado pola Consellería de Sanidade.

En concreto, asistiron 29.145 galegos do total de 32.930 que estaban chamados para recibir as doses de Pfizer- BioNTech nos recintos de vacinación masiva en toda a Comunidade galega.

O Sergas prevé vacinar a máis de 52.000 persoas ao longo desta fin de semana nas sete áreas sanitarias. A previsión é administrar unhas 27.000 doses de Pfizer para maiores de 80 anos e para o colectivo 79-75 (cuxa vacinación se iniciou este xoves), máis outras 25.000 de AstraZeneca para o colectivo de maiores de 60.

Outros artigos

Encontro Diocesano de Nenos e Familias en Santiago de Compostela

Encontro Diocesano de Nenos e Familias en Santiago de Compostela, organizado conxuntamente pola Delegación de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese, baixo o lema: “Señor, ensínanos a orar” Pola mañá, reuníronse centos de nenos de 3º a 6º de primaria,...

+

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...