A Consellería do Mar convoca dous cursos de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo

10 Abril 2021

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o vindeiro 23 de abril e as accións formativas impartiranse entre os meses de maio e xullo

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, dependente da Consellería do Mar, vén de convocar dous cursos de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O prazo de matrícula nestes cursos, con 12 prazas cada un, está aberto ata o 23 de abril.
A primeira destas accións formativas, que se impartirán na sede do Igafa, na Illa de Arousa, será entre o 24 de maio e o 15 de xuño en horario de 15.30 a 20.30 horas e de luns a venres. Mentres, o segundo curso celebrase de luns a venres entre o 16 de xuño e o 8 de xullo en horario de 15.00 a 20.00 horas. A finalidade desta formación é que as alumnas e
alumnos matriculados poidan acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo para extraer recursos específicos, como algas, ourizos, peneiras ou longueirón, entre outros.
Antes da realización do curso as persoas matriculadas deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado das seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 3 de maio no taboleiro de anuncios do Igafa e na web da Consellería do Mar. As datas de realización das probas físicas serán o 6 e o 7 maio ás 16.00 horas. Unha vez superadas
estas probas deberán realizar o test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico.
Estes terán lugar o 20 e o 21 de maio ás 16.00 horas e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente excluídas.
Para poder presentarse á proba da cámara hiperbárica, as interesadas e interesados deberán presentar un certificado médico que acredite a súa aptitude para realizar esta proba así como unha PCR negativa feita nas 72 horas previas á realización do test na cámara hiperbárica.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos poden consultar os requisitos necesarios, a documentación que teñen que presentar, os criterios de selección e o material necesario para realizar os cursos na convocatoria que se pode consultar no taboleiro de anuncios do Igafa ou na web da Consellería do Mar, no seguinte enlace .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.