Sanidade sobe a Boiro ao nivel alto de restricións e a Noia ao medio a partir do luns. A Pobra sen cambios e Ribeira tamén aumenta

09 Abril 2021

Boiro acumula xa 27 casos o que levou ao subcomité clínico de Sanidade a elevar as restricións neste municipio, que pasa directamente do nivel baixo ao alto, o que implica que non se poderá servir dentro dos locais hostaleiros e que só se dispoñerá da metade da terraza.

De momento os veciños e visitantes poderán entrar e saír do municipio debido a que non se decretou o peche perimetral. Ademais, como informamos en O Barbanza mañá e pasado realizarase un cribado masivo a uns 4.000 boirenses de entre 30 e 45 anos para tentar descubrir posibles casos asintomáticos.

Pola sua banda o concello de Noia tamén cambia de nivel e pasa do baixo ao medio, o que conleva que se reducen os aforos na hostalería, que dispoñerán do 30% das mesas no interior e do 50 % da terrazas. Neste concello detectaronse 19 casos en dúas semanas, dos que 11 foron diagnosticados na última semana.

As novas medidas tanto en Noia como en Boiro faranse efectivas na medianoite do domingo ao luns. O subcomité clínico tamén decidiu manter no nivel máximo de restricións ao concello da Pobra, onde se notificaron 41 casos nas últimas dúas semanas, e ten unha incidencia acumulada superior que rolda os 440. O outro municipio da comarca no que tamén se rexistrou un pequeno incremento de contaxiados é Ribeira, que suma 19 en dúas semanas, dos que 16 localizáronse no últimos sete días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...